A ribeira da Jorge

BÚSQUEDA DO TESOURO PIRATA

Os alumnos-as de 1º e 2º de EP participaron neste proxecto facendo unha búsqueda do tesouro en diferentes lugares do centro. Para conseguilo, tiveron que superar diversas probas. Primeiro, buscaron pistas nunha botella,despois responderon as preguntas dun rosco de pasapalabra (de contido medioambiental). Cando remataron, atoparon outra pista que os invitaba a aprender un xuramento pirata e a buscar unha chave que abriría o cofre. Atopada a chave, conseguiron abrir un cofre cheo de moedas de chocolate...



Comentarios

No hay ningún comentario

Añadir un Comentario: