A ribeira da Jorge

Día Mundial da Radio

Neste curso 2018/19, como xa informamos anteriormente, comezamos un novo proxecto escolar, Radio na Biblio, nacendo Radiourizo, a nosa radio escolar. Para conmemorar o Día Mundial da Radio, o próximo 13 de febreiro, emitiremos un programa de radio de 10:00h ata as 14:00h, este ano co lema "Diálogo, Tolerancia e Paz", proposto pola UNESCO.

Pódese seguir a programación no portal Web ESCOLAS NAS ONDAS (www.escolasnasondas.com). Haberá emisión en directo compartida nas ondas por alumnado do noso centro, CPR Jorge Juan desde Narón e o IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas.

Os programas serán do máis variado, entre eles un adicado ao noso proxecto de Voz Natura, "Coñecendo Libunca"...

Esperemos que vos guste!!!

No hay descripción de la foto disponible.

Comentarios

No hay ningún comentario

Añadir un Comentario: