A ribeira da Jorge

Día Mundial da Radio

Hoxe, para conmemorar o Día Mundial da Radio, emitimos por primeira vez un programa en directo desde a nosa radio escolar, Radiourizo.

A emisión foi compartida polo alumnado do noso centro  e o IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas. Todos-as participamos con gran ilusión  e recibimos a visita de moitos-as invitados-as que nos quixeron acompañar nun día tan importante para nós.  No programa, houbo unha gran variedade de contidos, entre eles unha entrevista á coordinadora de Voz Natura que aproveitou para  falar sobre o proxecto deste curso,"Coñecendo Libunca".

Queremos dar as gracias a todos/as os-as que colaborastes dalgún xeito para que todo saira fantástico.

A continuación, podedes ver e escoitar o programa na seguinte ligazón:

https://www.facebook.com/pontenasondas/videos/258146221750488/







Comentarios

No hay ningún comentario

Añadir un Comentario: