A ribeira da Jorge

Obradoiro de papel reciclado. Educación Infantil

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Infantil participaron no colexio nun obradoiro de elaboración de papel reciclado. Aprenderon a elaborar papel e tamén a importancia de non malgastalo, de reciclalo e reutilizalo.

Resumimos o proceso:

  1. Recollen o papel na aula
  2. Rompen en pedazos pequenos dito papel
  3. Mesturan ese papel con auga e pasan o batedor para facer a pasta
  4. Collen a pasta co cribo e deixan que escurra ben a auga
  5. Botan nun pano a pasta e quítanlle a auga cun trapo
  6. Deixan secar
  7. Cando seca, sacan o papel do trapo
  8. Decoran o papel




Comentarios

No hay ningún comentario

Añadir un Comentario: