A ribeira da Jorge

Os Ecovixías constrúen mini-invernadoiros...

Os Ecovixías participaron nunha actividade moi interesante que consistiu na construción dun mini-invernadoiro que usamos como viveiro.

Cunha caixa de zapatos e unha peza de plástico transparente, fixemos un mini-invernadoiro para ver como as sementes xerminan e poder así, cultivar verduras. O plástico permite a entrada de luz, aumenta a calor e evita a evaporación, como un verdadeiro invernadoiro. Puxemos as caixas á beira dunha fiestra e nuns días as sementes xerminarán  e cando medren un pouco, xa estarán listas para transplantar...

...agora toca esperar...

.







Comentarios

No hay ningún comentario

Añadir un Comentario: