A ribeira da Jorge

Ascenso ao Monte de Ancos. Neda.

Xornada de convivencia do Cpr Loyola de Mugardos e do Cpr Jorge Juan de Xuvia. ESO

O alumnado de Secundaria de ambos os dous centros educativos, e o seu profesorado, puidemos disfrutar dunha fantástica xornada de convivencia, onde despois de celebrar uns xogos no noso patio realizamos o ascenso ao Monte de Ancos. A subida a dito monte está determinada polo seu tramo central, onde en 1.300 metros sóbense 180 metros de altitude. Cunha pendente media próxima ao 14%.  O ascenso ao Monte de Ancos (2,7 Km) tivo como recompensa as bonitas vistas desde o seu "Miradoiro", onde tomamos unha merenda saudable.

Localizado no cume máis baixo do Monte de Ancos, están as dúas murallas dun castro, pero na actualidade está moi destruído e é difícil de apreciar. Esta sería a zona onde a lenda ubicaría a famosa Libunca (capital dos Ártabros) de onde tomaría o nome o proxecto deste ano de Voz Natura, "Coñecendo Libunca".






 


Comentarios

No hay ningún comentario

Añadir un Comentario: