A ribeira da Jorge

Voz Natura

Limpeza no xardín de plantas aromáticas

Escrito por AribeiradaJorge 13-05-2019 en Voz Natura. Comentarios (0)


Empezamos a preparar a terra para a nosa horta ecolóxica...

Escrito por AribeiradaJorge 13-05-2019 en Voz Natura. Comentarios (0)







Ascenso ao Monte de Ancos. Neda.

Escrito por AribeiradaJorge 12-05-2019 en Voz Natura. Comentarios (0)

Xornada de convivencia do Cpr Loyola de Mugardos e do Cpr Jorge Juan de Xuvia. ESO

O alumnado de Secundaria de ambos os dous centros educativos, e o seu profesorado, puidemos disfrutar dunha fantástica xornada de convivencia, onde despois de celebrar uns xogos no noso patio realizamos o ascenso ao Monte de Ancos. A subida a dito monte está determinada polo seu tramo central, onde en 1.300 metros sóbense 180 metros de altitude. Cunha pendente media próxima ao 14%.  O ascenso ao Monte de Ancos (2,7 Km) tivo como recompensa as bonitas vistas desde o seu "Miradoiro", onde tomamos unha merenda saudable.

Localizado no cume máis baixo do Monte de Ancos, están as dúas murallas dun castro, pero na actualidade está moi destruído e é difícil de apreciar. Esta sería a zona onde a lenda ubicaría a famosa Libunca (capital dos Ártabros) de onde tomaría o nome o proxecto deste ano de Voz Natura, "Coñecendo Libunca".






 


A nosa carballeira...

Escrito por AribeiradaJorge 11-05-2019 en Voz Natura. Comentarios (0)

Para celebrar o día Internacional dos bosques, a nosa intención era realizar unha plantación de carballos nas proximidades do centro, pero debido ao mal tempo, tivemos que pospoñer a actividade. Finalmente, levámola a cabo no Paseo de Xuvia, ao carón do cole, nun terreo cedido polo Concello de Narón. Todo o alumnado e o profesorado do colexio participamos e disfrutamos dunha mañá fantástica, onde ata o bo tempo, esta vez si, nos acompañou.


  

  

 


 

 



 


 

 


Estreamos chalecos!

Escrito por AribeiradaJorge 11-05-2019 en Voz Natura. Comentarios (0)

Grazas á dotación económica de Voz Natura e da ANPA Acibro do colexio, o noso alumnado puido estrear chalecos para as súas saídas.

Moitas Grazas!