A ribeira da Jorge

Voz Natura

Día Internacional dos Animais

Escrito por AribeiradaJorge 04-10-2017 en Voz Natura. Comentarios (0)

No Día Internacional dos Animais queremos recordar o importante que é a conservación das distintas especies no noso planeta.



Feliz Outono!

Escrito por AribeiradaJorge 22-09-2017 en Voz Natura. Comentarios (0)

Estamos no outono                                     
os paxaros marchan xa,                              
o día é máis curto                                        
e o frío vai chegar  
Estamos no outono
as follas van ao chan
temos unha alfombra de cores                      
para xogar e pisar

O 16 de setembro é o Día Internacional da Preservación da Capa de Ozono

Escrito por AribeiradaJorge 16-09-2017 en Voz Natura. Comentarios (0)

A preservación da capa de ozono é de vital importancia para cuidar a vida no noso planeta, xa que actúa como un protector solar que limita o paso das radiacións nocivas. O esforzo de todos é fundamental para deter as emisións dos gases contaminantes.



Curso 2017/18. Novo curso, novo proxecto.

Escrito por AribeiradaJorge 13-09-2017 en Voz Natura. Comentarios (0)

Este ano traballaremos dentro do programa Voz Natura o proxecto "A voltas cos muíños", onde tentaremos coñecer mellor a nosa contorna. A riqueza etnográfica da nosa bisbarra é moi ampla. Seguiremos tamén concienciando ao noso alumnado sobre a necesidade de respectar o medio ambiente.

 

Voz Natura 2017/2018

Escrito por AribeiradaJorge 05-06-2017 en Voz Natura. Comentarios (0)

Hoxe publicaron as listas dos coles admitidos e o noso proxecto, "A voltas cos muíños", foi admitido na comunidade Voz Natura para o próximo curso 2017/2018