A ribeira da Jorge

Coñecendo o noso patrimonio...

Escrito por AribeiradaJorge 21-03-2018 en Voz Natura. Comentarios (0)

Preparando a futura visita aos muíños do noso municipio, onte os alumnos e alumnas da ESO asistiron a unha charla impartida por Anabel Bello,do arquivo do concello de Narón . Falounos dos muíños que podemos atopar, dos seus usos, funcionamiento, ubicación, tipos...


Día Internacional dos Bosques

Escrito por AribeiradaJorge 21-03-2018 en Voz Natura. Comentarios (0)

Hoxe os Ecovixías conmemoramos o Día Internacional dos Bosques prantando unhas landras nunhas macetas que elaboramos reciclando botellas de plástico. Esperemos que prendan e medren fortes para poder repoboar cos carballos os nosos montes.



Visita ao Muíño das Aceñas. Narón

Escrito por AribeiradaJorge 21-03-2018 en Voz Natura. Comentarios (0)

Os alumnos e alumnas de 4º e 5º de primaria saíron onte en bici ata o Muíño das Aceñas. Estiveron acompañados por profes e compañeiros e compañeiras de secundaria que lles explicaron o funcionamento dos muíños de mareas.


Exposición "Fogares Verdes" - é +

Escrito por AribeiradaJorge 21-03-2018 en Voz Natura. Comentarios (0)

Os alumnos e alumnas de 3º ESO, puideron participar onte no colexio ,nunha actividade medioambiental onde se trataba de ensinarlles o camiño para acadar fogares máis sostibles e así conseguir unha mellora do noso entorno. “Fogares Verdes” é un programa educativo destinado a axudar a conseguir diminuír o impacto ambiental mediante unha xestión máis responsable dos nosos fogares



Día da Felicidade

Escrito por AribeiradaJorge 20-03-2018 en Voz Natura. Comentarios (0)

No Día Internacional da Felicidade, dámoslle a benvida á primavera..

.