A ribeira da Jorge

"Illa de plástico"

Escrito por AribeiradaJorge 04-03-2018 en Voz Natura. Comentarios (0)

"Illa de plástico" é unha actividade de concienciación medioambiental que fixeron os rapaces e rapazas de 1º EP.

Recolleron todo o plástico dos almorzos de varios días ata conseguir formar unha pequena illa de plástico. Fixeron xogos para aprender a separar os diferentes materiais e traballaron en distintas tarefas de reciclaxe.

Finalizamos cunha exposición de fotos sobre as consecuencias que teñen os plásticos no mar, esta exposición está no salón de actos para que todos poidamos visitala.



O libro de 4º de EP

Escrito por AribeiradaJorge 03-03-2018 en Voz Natura. Comentarios (0)

Os alumnos e alumnas de 4º de EP elaboraron un pequeno libro, que xa podedes visitar na nosa biblioteca, sobre os distintos lugares de interese arredor do río Xuvia.






Ruta dos muíños en Cabanas

Escrito por AribeiradaJorge 02-03-2018 en Voz Natura. Comentarios (0)

A pasada fin de semana, varios profes do cole, participaron na Ruta da Auga organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Cabanas. Foi unha andaina de case oito quilómetros, dos que a metade transcurriron pola beira do río Castro, onde puideron visitar máis de trinta muíños.