A ribeira da Jorge

"A ÁRBORE DOS DESEXOS"

Escrito por AribeiradaJorge 02-04-2018 en Voz Natura. Comentarios (0)

"A ÁRBORE DOS DESEXOS". "Os nosos desexos nunha pinguiña."
Actividade realizada polos alumn@s de 4º E.P. que escribiron nunha pinguiña os seus desexos e propósitos para este curso. Despois colgaron esas pingas de auga nunha árbore: "A árbore dos desexos da aula".


augaaa.jpg


CHARCOS DE AUGA

Escrito por AribeiradaJorge 02-04-2018 en Voz Natura. Comentarios (0)

"CHARCOS DE AUGA" . Actividade na que partindo dunha búsqueda de noticias sorprendentes sobre a auga, buscadas polos alumnos e alumnas de 2º da ESO, os rapaces e rapazas de 1º da ESO, elaboraron uns charcos de auga que foron pegando polos corredores do centro e nos que foron recollendo todos estes datos previamente seleccionados.


ADIVIÑAS MÁXICAS

Escrito por AribeiradaJorge 01-04-2018 en Voz Natura. Comentarios (0)

"ADIVIÑAS MÁXICAS" foi unha actividade na que participaron os nenos e nenas de 6º  de EI, aos que lles entregamos unhas cartolinas onde previamente os rapaces e rapazas de 5º de EP buscaron e escribiron con cera branca, adiviñas relacionadas coa temática da auga (animais mariños, fenómenos metereolóxicos, obxectos…).O alumnado de 6º de EI, tiña que pintar sobre a cartolina branca con acuarela azul. No momento en que pintaban aparecía a adiviña escrita. Eles tiñan que lela e resolvela. Posteriormente con todos os traballos fixemos unha exposición na biblioteca do centro.