I Congreso Aliméntate ben

Escrito por AribeiradaJorge 03-05-2018 en Voz Natura. Comentarios (0)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en cooperación coa Consellería de Sanidade, coa Consellería do Mar, coa Consellería de Medio Rural e a Escola Galega de Consumo, e en colaboración con Sogama e a USC, organizan o I Congreso Aliméntate ben. Neste congreso alumnado de toda Galicia dará a coñecer os proxectos que desenvolven nos seus centros arredor da promoción de hábitos de vida saudable a través da alimentación. Terá lugar os días 3 e 4 de maio no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela . O noso centro participará como cole invitado e o grupo de 1º ESO acudirá mañá a presentar o seu proxecto.