A ribeira da Jorge

41.300 kg: el peso perdido por el pueblo gallego a dieta. ELMUNDO.ES

Escrito por AribeiradaJorge 20-01-2019 en Voz Natura. Comentarios (0)

Moita prensa segue interesada no exitoso proxecto de "100000 Motivos de Peso". Esta vez en ELMUNDO.ES. 

Encantad@s de poder participar neste gran reto e por suposto de relacionalo co noso proxecto de Voz Natura.

En novembro, 41.300 kg: o peso perdido...


SAÍDA DE EDUCACIÓN INFANTIL A ALDEA NOVA

Escrito por AribeiradaJorge 20-01-2019 en Voz Natura. Comentarios (0)

No primeiro trimestre os rapaces e rapazas de Educación Infantil disfrutaron dun fantástico día en Aldea Nova onde puideron participar en varios obradoiros:

Planetario: Neste obradoiro, os nenos e nenas puideron observar recreacións do ceo en diversos lugares da Terra e en diferentes momentos do ano.

Reciclaxe: Neste obradoiro de Educación Ambiental, traballan cos nenos-as a posibilidade de dotar de varias vidas aos materiais de refugallo explicándolles que cando xa utilizamos un material, e parécenos que o refugo que sobra xa hai que tiralo, debemos deternos a pensar se lle podemos dar un novo uso, de xeito que poida cumprir unha nova función, e concienciando aos rapaces de que non debemos xerar máis refugos que os absolutamente imprescindibles.

Obradoiro de pan: Coa fariña, fermento, auga e sal, amasaron un boliño, que unha vez fermentado, o meteron a cocer no forno.



Alumnos-as do noso cole visitaron o tanque de tormentas de Xuvia

Escrito por AribeiradaJorge 20-01-2019 en Voz Natura. Comentarios (0)





Nenas-os de EP acompañados por alumnos-as da ESO e profesores do noso cole, visitaron no primeiro trimestre o tanque de tormentas de Xuvia, dentro da campaña de Educación Vial que o Concello desarrolla co fin de potenciar a educación e a seguridade vial e a movilidade sostible entre os escolares.

Os alumnos-as, que se desplazaron en bicicleta, recorreron un traxecto próximo á ría ata chegar ao tanque de tormentas de Xuvia, onde recibiron información detallada do funcionamiento da instalación e o seu significado para evitar que o verquido das augas residuais contamine a ría de Ferrol, de forma que coñezan a necesidade de cuidar o medio ambiente.

O tanque de tormentas de Xuvia forma parte da actuación que a sociedade mercantil estatal Acuaes executou para completar o sistema de depuración dos Concellos de Ferrol e Narón, dando desta forma cumprimento á Directiva europea sobre saneamento das augas residuais.


Desde a súa posta en funcionamento, en abril do 2017, o novo sistema de saneamento enviou ao EDAR de Cabo Prioriño unha media anual de 18,8 millóns de metros cúbicos de augas residuais, evitando que fosen verquidas directamente á ría de Ferrol, o que está permitindo que se estén alcanzando os obxectivos ambientais desta actuación, tal e como se evidencia na recuperación dos estándares de calidade da auga de baño nas praias da ría e a mellora da calificación dos bancos marisqueros.



"Semáforos para o azúcar nos coles de Narón"

Escrito por AribeiradaJorge 20-01-2019 en Voz Natura. Comentarios (0)

Máis de 1.200 alumnos-as do municipio participarán durante este curso no programa Cardioescolas, ligado á iniciativa de saúde «100.000 motivos de peso»

A Voz de Galicia, con este titular,  tamén se fai eco da noticia relacionada co proxecto "100000 motivos de peso", no que colaboramos e aproveitamos para traballar todo tipo de iniciativas medioambientais.


RECOLLIDA DE FOLLAS NO OUTONO. EDUCACIÓN INFANTIL

Escrito por AribeiradaJorge 20-01-2019 en Voz Natura. Comentarios (0)

Os nenos e nenas de Educación Infantil realizaron unha pequena saída polos arredores do colexio para disfrutar do bo tempo no campo e para recoller follas e así aprender moito sobre as árbores