A ribeira da Jorge

UN BOSQUE NO COLEXIO

Escrito por AribeiradaJorge 20-01-2019 en Voz Natura. Comentarios (0)


Voznatura

Un bosque no colexio

UN BOSQUE NO COLEXIO


Os alumnos do CPR Jorge Juan de Xuvia, en Ferrol, crearon esta marabillosa ambientación dentro do colexio para acoller o seu proxecto Voz Natura deste curso. Non deixedes de seguir as actividades dun centro que, co seu traballo multidisciplinar é toda unha referencia en creatividade e orixinalidade.

VOZNATURA.ES

O noso cole no programa da TVG “Bamboleo”.

Escrito por AribeiradaJorge 20-01-2019 en Voz Natura. Comentarios (0)

Familias e profes do noso cole participaron como invitad@s no programa da TVG “Bamboleo”. Interesáronse polo proxecto que promove o Concello de Narón, "100000 Motivos de Peso", para fomentar uns hábitos de vida saudable, onde o noso cole participa activamente. Tratatamos de relacionar dito proxecto co de Voz Natura  e así, saír e disfrutar da natureza e inculcar o respecto polo medio ambiente 



Proxecto NO CORAZÓN DO BOSQUE. BIBLIOURIZO

Escrito por AribeiradaJorge 20-01-2019 en Voz Natura. Comentarios (0)

Proxecto NO CORAZÓN DO BOSQUE

Xa está en marcha desde a biblioteca escolar o noso proxecto deste curso que leva como título"No corazón do bosque", proxecto que xirará entorno a varios eixes: o medioambiental, o dos hábitos saudables e o noso patrimonio cultural.  Intentaremos relacionalo cos outros proxectos que se están a desenvolver no noso centro, como o de Voz Natura, "Coñecendo Libunca". Cremos que pode ser motivante, de fácil adaptación para as diferentes etapas educativas e tamén trataremos que sexa o más flexible posible.