A ribeira da Jorge

Día Mundial da Radio

Escrito por AribeiradaJorge 13-02-2019 en Voz Natura. Comentarios (0)

Hoxe, para conmemorar o Día Mundial da Radio, emitimos por primeira vez un programa en directo desde a nosa radio escolar, Radiourizo.

A emisión foi compartida polo alumnado do noso centro  e o IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas. Todos-as participamos con gran ilusión  e recibimos a visita de moitos-as invitados-as que nos quixeron acompañar nun día tan importante para nós.  No programa, houbo unha gran variedade de contidos, entre eles unha entrevista á coordinadora de Voz Natura que aproveitou para  falar sobre o proxecto deste curso,"Coñecendo Libunca".

Queremos dar as gracias a todos/as os-as que colaborastes dalgún xeito para que todo saira fantástico.

A continuación, podedes ver e escoitar o programa na seguinte ligazón:

https://www.facebook.com/pontenasondas/videos/258146221750488/







Día Mundial da Radio

Escrito por AribeiradaJorge 11-02-2019 en Voz Natura. Comentarios (0)

Neste curso 2018/19, como xa informamos anteriormente, comezamos un novo proxecto escolar, Radio na Biblio, nacendo Radiourizo, a nosa radio escolar. Para conmemorar o Día Mundial da Radio, o próximo 13 de febreiro, emitiremos un programa de radio de 10:00h ata as 14:00h, este ano co lema "Diálogo, Tolerancia e Paz", proposto pola UNESCO.

Pódese seguir a programación no portal Web ESCOLAS NAS ONDAS (www.escolasnasondas.com). Haberá emisión en directo compartida nas ondas por alumnado do noso centro, CPR Jorge Juan desde Narón e o IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas.

Os programas serán do máis variado, entre eles un adicado ao noso proxecto de Voz Natura, "Coñecendo Libunca"...

Esperemos que vos guste!!!

No hay descripción de la foto disponible.

Día da Paz

Escrito por AribeiradaJorge 02-02-2019 en Voz Natura. Comentarios (0)

Este ano o Día da Paz celebrámolo cunha pequena andaina polo Paseo de Xuvia. Nela participaron todos os alumnos e alumnas, xunto cos profes. Alí lemos un manifesto. Despois, xa no cole, os nenos e nenas  cantaron unha canción pola paz . Por último, os pais e nais da ANPA agasallaron a todos os rapaces-as cunha merenda saudable: froita, auga, leite...

La imagen puede contener: 1 persona, exterior




La imagen puede contener: 5 personas

Día da Paz

Escrito por AribeiradaJorge 02-02-2019 en Voz Natura. Comentarios (0)

No hay descripción de la foto disponible.

Os nosos Ecovixías saen polo Paseo de Xuvia a observar as aves.

Escrito por AribeiradaJorge 01-02-2019 en Voz Natura. Comentarios (0)